Colectividades Argentinas

historia y actualidad

 

SUPER CHISTES DE GALLEGOS

Buenos Aires - 15/02/2009 - SICE - Jorge Navós

Cando no maio do 2008 a Editorial Sudamericana decidiu editar “Super Chistes de Gallegos”, algúns representantes de comunidade galega, entre os que se encontraba o xornalista Manuel Castro, Gastón Quiroga ou Alfonso Fernández presentaron demanda diante do Instituto Nacional contra da Discriminación, a Xenofobia e o Racismo (INADI), adscrito ao Ministerio de Xustiza, Seguridade e Dereitos Humanos da República Arxentina.
“Son un comando da intelixencia galega, térmos contradictorios por excelencia”. Así se refería autor de “Super Chistes de Gallegos” aos que o denunciaron.
Ser galego na diáspora foi un estigma con que conviviron xeracións de emigrantes que se viron forzados ao exilio económico. Atoparon a mediocridade do clasismo instalado en sociedades que nadaban na prosperidade.
Neste contexto naceron os chistes identitarios nos que se cuestionaba a intelixencia, a hixiene, o idioma ou a propia supervivencia como pobo. Foi na Quinta Provincia onde esta práctica pasou polo prelo para imprimir libros como “Los más inteligentes chistes de gallegos”, “Chistes de gallegos 2” , ou “Superchistes de Gallegos”, redactados por Ricardo, de apelido italoarxentino Parrotta, oculto baixo o alcume de verniz galaico Pepe Muleiro.
Os demandantes veñen de recibir o ditame do INADI no que se conclúe que a distribución masiva deste tipo de chistes que reproducen estereotipos estigmatizantes para unha comunidade, configuran unha conduta discriminatoria, recomendando á editorial a que no caso de persistir na publicación, indique na mesma que foi considerada discriminatoria polo INADI.
Con responsabilidade, traballo, especialización profesional, alta cualificación dos descencentes…a diáspora foise liberando de estigmas en países onde as fortes crises deron en curas de humildade colectivas.
Mentres na Galicia territorial nos congratulamos pola conclusión do organismo, quizais poderíamos contribuír a dignidade da diáspora, desligando emigración e opacidade electoral. No merecen este novo estigma !!!
Laudelino Pellitero
Director do IPAEX

Buenos Aires, 10 de Setiembre de 2008. 1. Dictámen INADI Nº 198/2008. Llegan a esta Asesoría Legal las denuncias ME 2753/08, ME 3069/08 Me 3320/08 presentadas por los Sres. Gastón Lucas Quiroga, Alfonso Miguel Fernández y Manuel Castro contra Editorial Sudamericana S. A. y el Sr. Ricardo Parrotta (alias “Pepe Muleiro), a fin de determinar si la situación denunciada constituye una conducta discriminatoria conforme a los términos de la ley 23.592. Conclusión Por los motivos expuestos, a juicio de esta Asesoría Legal, la publicación y distribución masiva de “chistes” como los que se encuentran bajo estudio, resultaría funcional a la reproducción de estereotipos estigmatizantes respecto de una comunidad, configurando una conducta discriminatoria, es por ello que se vería con agrado que el presente dictamen técnico traiga como consecuencia un llamado a la reflexión de la ciudadanía en general, pero -particularmente- a las partes en el presente. En consecuencia, esta Asesoría Legal considera que, en caso de que la Editorial Sudamericana S. A. considere pertinente continuar con la publicación y difusión de manifestaciones discriminatorias, resultaría recomendable que lo hiciera expresando en la propia publicación que el contenido de la misma fue considerado “discriminatorio” por el Instituto Nacional contra la Discriminación, la Xenofobia y el Racismo.
Es cuanto considero pertinente informar.
Firma: Damián A. González-Salzberg
Asesor Legal - INADI

Colectividades Argentinas

Si le ha gustado esta entrada, por favor considere dejar un comentario o suscríbase al feed y reciba las actualizaciones regularmente.


Deje su comentario

Debe para dejar un comentario.

chatroulette chatrandom

Iniciar sesión

Ingrese el e-mail y contraseña con el que está registrado en Monografias.com

   
 

Regístrese gratis

¿Olvidó su contraseña?

Ayuda