Inmigración y Literatura

vida cotidiana en la Argentina (1810 - 1960)

 

VEN A GALICIA, BEN EN GALICIA

O SECRETARIO XERAL DE EMIGRACIÓN RECIBE AOS PARTICIPANTES NOS PROGRAMAS “VEN A GALICIA, BEN EN GALICIA” E “VOLVER Á TERRA”

 Son 76 galegos e galegas residentes en diferentes puntos de España e 60 emigrantes procedentes de Arxentina que hoxe visitan a capital galega
 Estes programas, organizados pola Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, facilitan o retorno a Galicia e a estancia no país durante tres meses
Santiago, 26 de novembro de 2008.- O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, ofreceu hoxe, no auditorio do Museo do Pobo Galego, unha recepción aos 76 galegos e galegas procedentes de diferentes puntos de España que participan no programa “Ven a Galicia, Ben en Galicia” e aos 60 emigrantes procedentes de Arxentina do programa “Volver á terra”.

O obxectivo de ambos programas é que os participantes redescubran as súas raíces, tanto de tipo cultural, como social, gastronómico, folclórico…, poñéndose en contacto coa realidade actual do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias e o intercambio de experiencias co resto dos participantes.
Os 76 participantes no programa “Ven a Galicia, ben en Galicia”, destinado a emigrantes galegos residentes no resto de España e Europa, proceden de Andalucía, Castela e León, Navarra, Comunidade Valenciana, Cataluña e Euskadi, que nos últimos 5 anos non participaron en programas de viaxe desta secretaría xeral. O requisito solicitado aos beneficiarios de ter cumpridos os 60 anos de idade dáse en todos os beneficiados do programa, aínda que no seu conxunto a idade media pódese establecer nos 67 anos, sendo os máis maiores dous participantes que contan con 78 anos.
Por outra banda os 60 beneficiarios do programa “Volver á Terra” forman parte da segunda quenda deste programa que cada ano trae á nosa comunidade a emigrantes galegos residentes en América e que este ano comezou o pasado 3 de novembro. Nesta ocasión todos eles proceden de Arxentina e como novidade están a compartir a súa estadía en España cos participantes no outro programa.
Durante a súa intervención, o secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, lembrou o compromiso da Xunta de Galicia cos emigrantes galegos destacando a consolidación dos programas sociosanitarios dentro do presuposto da Secretaría que el dirixe, algún dos cales incluso se incrementa. Asemade animou aos beneficiarios do programa desenvolto pola Secretaría Xeral de Emigración a que gocen da súa estadía en España, durante a cal poderán visitar á súa familia e facer excursións a distintas cidades de Galicia.

Tres meses de estadía
Os dous programas desenvolverase ao longo de tres meses e terán dúas fases diferenciadas. A primeira meira delas consiste nunha estadía de dúas semanas na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño en réxime de pensión completa, desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas aos participantes e con excursións, en transporte colectivo, a distintos lugares para un coñecemento de Galicia. En canto á segunda fase, esta consiste nunha estancia cos seus familiares de Galicia ata completar un tempo máximo de tres meses.

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA SECRETARÍA DE EMIGRACIÓN

Colectividades Argentinas

Si le ha gustado esta entrada, por favor considere dejar un comentario o suscríbase al feed y reciba las actualizaciones regularmente.


Deje su comentario

Debe para dejar un comentario.

chatroulette chatrandom