Inmigración y Literatura

vida cotidiana en la Argentina (1810 - 1960)

 

O Presidente da Deputación acorda colaborar coa Presidenta das Abuelas da Plaza de Mayo

-A Deputación de Lugo, primeira institución galega que axudará a esta asociación, que busca a 400 nenos secuestrados na ditadura arxentina -a maioría de orixe galego-.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acordou coa Presidenta da Asociación Abuelas de Plaza de Mayo, Estela Barnes de Carlotto, facer de enlace en Galicia para que podan cumprir o seu obxectivo: atopar a 400 nenos que foron secuestrados de bebés na ditadura arxentina. A Deputación de Lugo convértese na primeira institución galega que cooperará coas Abuelas da Plaza de Mayo, nominadas este ano ó Premio Nobel da Paz.
Dos 400 desaparecidos, o 50% son de orixe español e, deles, a maioría son galegos. Un dos rapaces atopados, símbolo da causa desta asociación, era fillo dun emigrante galego. Sen embargo, as Abuelas de Plaza de Mayo nunca acordaran colaboracións con ningunha administración galega, a diferenza doutras comunidades ou institucións como é a Casa Real española. A situación cambiará a finais deste ano, cando está previsto que a Presidenta poda celebrar o primeiro acto na Deputación de Lugo a invitación de José Ramón Gómez Besteiro. “Queremos invitalas a vir, colaborar con elas en todo o posible porque entre os afectados hai moitas familias lucenses”, afirmou o Presidente provincial.
“Lo que estamos haciendo no es de heroínas. Somos madres y abuelas y lo que nos mueve es el amor y orgullo por nuestros hijos”. Con esta frase, a Presidenta resumiu o traballo no que están volcadas desde hai anos e que xa lles permitiu localizar a 95 bebés secuestrados na ditadura. “Estamos luchando en paz. Y estamos orgullosas de ustedes… los que están vivos”, dixo a Presidenta ó Deputado Melchor Roel, supervivinte da ditadura en Uruguai e presente no encontro na sede da Asociación.
O Presidente da Deputación iniciou as relacións institucionais coa entrega dun agasallo institucional a Estela Barnes de Calotto: unha xoia elaborada polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, peza que deixou gratamente sorprendida á Presidenta.

(información de prensa)

Colectividades Argentinas

Si le ha gustado esta entrada, por favor considere dejar un comentario o suscríbase al feed y reciba las actualizaciones regularmente.


Deje su comentario

Debe para dejar un comentario.

chatroulette chatrandom