Inmigración y Literatura

vida cotidiana en la Argentina (1810 - 1960)

 

El Presidente de la Diputación de Lugo en el Colegio Santiago Apóstol

A Deputación co-financiará a educación dos nenos lucenses sen recursos do único colexio galego no estranxeiro

-O Presidente anunciou que a Deputación destinará 20.000 euros para que os pequenos sen recursos non teñan que interrumpir a súa formación.
-O Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires é o único centro educativo galego fóra de Galicia e está atravesando dificultades económicas.
-A primeira xornada na Arxentina concluiu cunha xuntanza económica coa Asociación de Empresarios Galegos e co alcalde de Vicente López, o municipio onde viven máis lucenses na área do Gran Bos Aires.

O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que a Deputación de Lugo co-financiará con 20.000 euros a formación dos nenos lucenses sen recursos económicos que estudan no único colexio galego no estranxeiro: o Santiago Apóstolo. Coa Deputacion, colaborarán a través dun convenio a Xunta de Galicia –coa Secretaría Xeral de Emigración, a Consellería de Cultura e a Fundación Galicia-América-, así como a Deputación da Coruña. A aposta pola colaboración educativa máis a institucional co municipio arxentino de Vicente López –onde residen 5.000 galegos- marcou a primeira xornada do Presidente na Arxentina.

“Este convenio marca o cambio de rumbo da Deputación de Lugo con respecto á cooperación exterior dirixida á emigración lucense. Durante este curso lectivo, imos becar ós pequenos que non teñen recursos económicos para que podan seguir o seu ciclo educativo e formativo”, avanzou o Presidente.

Gómez Besteiro mantivo un longo encontro cos estudantes do Colexio Santiago Apóstol, no que o 70% son galegos, para explicarlles cómo podían participar nos proxectos da Deputacion de Lugo. Máis de cen rapaces, reunidos no salón de actos, amosaron grande interese e someteron ó Presidente a unha intensa quenda de preguntas sobre a provincia de Lugo. Entre xogos e didáctica, o Presidente fíxolles partícipes “da aposta polo medio ambiente a as novas tecnoloxías que está a facer a Deputación”. E, para afondar no uso tecnolóxico, entregoulles a cada un dos presentes unha memoria dixital de carácter educativo sobre a provincia de Lugo.

Este colexio trilingüe ten 500 alumnos e é o único, fóra de Galicia, que ensina literatura e lingua galega. Ten a mesma carga lectiva que calquera centro da nosa comunidade e está coordinado coa Xunta de Galicia. O centro está a desenvolver un traballo exemplar pero con moitas dificultades. De feito, na actualidade ata ten pequenos de orixe asiático e europeo aprendendo galego.

Bos Aires, 10 de setembro de 2008

(información de prensa)

Colectividades Argentinas

Si le ha gustado esta entrada, por favor considere dejar un comentario o suscríbase al feed y reciba las actualizaciones regularmente.


Deje su comentario

Debe para dejar un comentario.

chatroulette chatrandom