Pepe Cobas
por Débora Campos
Este home ao que o nome tamén perdéuselle nun mar de Pepes, chegou con 17 anos e alá polo 1971 á Arxentina -dí él- no derradeiro barco de emigrantes que deixou ronsel no Atlántico. Ninguén sabe se é verdade ou non pero non importa. O que interesa, cando Pepe conta, é facer silencio e deixarse levar pola risa.
Dí que marchou da aldea de Piñor, “parroquia de San Lourenzo de Agrón, do concello de Ames (A Coruña)” -segun detalla no limiar do libro o catedrático de Xeografía e Historía Xosé María Lema Suarez- para fuxir dun casamento de comenencia ao que o querían forzar. E o malo pode que non fora a noiva senón, máis que nada, o sogro que viña na rebaixa tamén coma xefe.
Si le ha gustado esta entrada, por favor considere dejar un comentario o suscríbase al feed y reciba las actualizaciones regularmente.
Deje su comentario
Debe iniciar sesión para dejar un comentario.
